Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

A maxia dos contos chega a La Salle con Iago

Hoxe pola tarde, mércores 11 de abril, tivemos unha magnífica sesión de CONTACONTOS.

Iago, transportounos coa súa maxia, expresividade e creatividade ao mundo do bosque dos contos, onde moitos personaxes como animais, fadas, princesas intelixentes e loitadoras, avoas agarimosas, puideron dar vida a unhas historias cheas de aventuras, que grazas á axuda dos nosos alumnos e alumnas puideron terminar co COLORÍN, COLORADO, ESTE CONTO ACABOUSE.

Participamos nesta animación lectora, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º EP, nunha tarde que se nos foi voando, do mesmo xeito que a nosa imaxinación.

Cunha infinidade de recursos expresivos, puidemos andar en bicicleta, sorteando curvas, adoptar cans e coidalos, axudar a Riciños de Ouro cos tres osiños, converternos en Super Carapuchiña Vermella, colaborar con Brancaneves e os sete ananiños…, utilizando, sobre todo, a nosa imaxinación.

Iago fixo, coa súa maxia, que nos adentremos no seu mundo máxico, convertíndonos, nos verdadeiros protagonistas da acción.

A súa animación baseouse no conto de “Axente riciños”e nos poemas de “Eu conto, ti cantas…”, de María Vitoria Moreno (autora á que se dedica a Letras Galegas deste ano). Ámbolos dous podémolos atopar na biblioteca do colexio para que poidades gozalos.

Desde aquí querémoslle dar as GRAZAS ao noso gran contacontos Iago porque conseguiu espertar sorrisos nos nosos nenos e nenas e vivir as aventuras como propias, facendo que, de verdade,  nos sentíramos os verdadeiros protagonistas das incribles historias das que puidemos gozar hoxe.

Ata a próxima!

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.