Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º e 4º de ESO visitan o CIT

Nesta mañá de venres, o alumnado de 3º e 4º de ESO fixo, acompañados dos seus titores, unha visita ao CIT (Centro de Investigacións Tecnolóxicas) da Universidade de A Coruña no campus de Ferrol. A visita forma parte do noso Programa de Orientación Académica e Profesional (POAP)

Divididos en grupos, tiveron a oportunidade de visitar as instalacións e coñecer a fondo as tarefas que alí se levan a cabo.

No soto, explicáronlles o funcionamento da ‘canle ensaio’ (canle de 50 metros de longo que simula as ondas do mar), e para que tipo de investigacións se emprega: flotabilidade, repercusións das ondas en diferentes embarcacións ou en obxectos fixos que se instalen no mar…

Na planta baixa e no primeiro andar o laboratorio de láser, cunha demostración da súa actuación e coñeceron os distintos tipos de láser que teñen e as aplicacións prácticas.

No segundo andar, o laboratorio de plásticos. Alí observaron distintos procesos de fabricación, de mestura, de materiais… Lembráronlles a importancia da ‘lei dos 3 R’ (reducir, reciclar, reutilizar) e reflexionaron sobre as condutas que podemos mellorar para colaborar no coidado do Medio Ambiente.

No terceiro andar, laboratorio de combustibles, lembraron a diferencia entre combustible e carburante, ademais de coñecer de primeira man en que consiste o traballo que alí se desenvolve.

Queremos agradecer aos profesores e persoal do CIT que nos acompañaron durante a visita pola súa atención e agarimo e a súa disposición a contestar as dúbidas e curisidades que foron xurdindo.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.