Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Presentación de Pasaporte solidario

Na mañá de onte, luns 5 de marzo,  tivemos no salón de actos a presentación de ‘Pasaporte Solidario’. Pasaporte solidario é unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca promover o voluntariado entre os máis novos, e este curso 2017-18 é o sexto ano consecutivo que participamos cos alumnos de 3º e 4º de ESO encadrado dentro do Plan de Educación para a Xustiza do Centro.

Por medio do noso Plan de Achegamento á Realidade (PAR) buscamos que o alumnado de todos os cursos se achegue a diferentes realidades de colectivos desfavorecidos para fomentar súa tolerancia e solidariedade. Esta traxectoria remata nos últimos cursos de secundaria coa posibilidade de realizar actividades de voluntariado.

Para tal acontecemento tivemos o privilexio da visita de D. José Manuel Rey Varela (Conselleiro de Política Social) e Dna. Cecilia Vázque Suárez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta. O acto, ao que asistiron os alumnos de ESO e do último ciclo de EP, familias e representantes das distintas asociacións coas que colaboramos, consistiu na exposición, por parte do noso director, das accións que realizamos ao longo do ano para que os nosos alumnos acaden dito Pasaporte. Reflectiuse tamén na intervención a importancia das escolas dos Irmáns de La Salle na cidade de Ferrol e o labor que se desenvolveu durante todos estes anos coa “Escuela obrera” en primeiro lugar, e no barrio de Caranza con posterioridade. Un percorrido por todas as asociacións e o alumnado que participa este ano foi o recoñecemento final das palabras do noso director.

Para rematar, o Conselleiro D. José Manuel Rey Varela tomou a palabra para felicitarnos polos anos de traballo a prol dos máis desfavorecidos, e animarnos a continuar co traballo de voluntariado que levamos traballando durante estes últimos seis anos.

Finalmente, queremos agradecer a D. José Manuel Rey Varela e Dna. Cecilia Vázquez Suárez por ter a deferencia de presidir este acto. Tamén agradecer especialmente aos membros das distintas asociacións que quixeron estar presentes no día de hoxe:

Dna. Ana de las Heras (Cáritas da parroquia Santa María de Caranza)

Marta Paniagua (Coordinadora de Programas de Acción Social de Cáritas Mondoñedo-Ferrol)

D. Juan Carlos Berrocal Regueira (Director da Residencia de Maiores de Caranza)

D. Fernando López Díaz (Director do CAMF)

D. Ángel Gárate e Dna. Nomeí González (Presidente de Honor e técnico, respectivamente,  da Asociación Sociocultural ASCM)

Hna. Teresa Burguete (O’ Mencer Oblatas)

Dna. Teresa Vilariño (Responsable do centro de Promoción de Cáritas de Caranza)

Dna. Divina Amenedo Grueiro (Directora de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal)

E por último, agradecer ás profesoras responsables de dinamizar as actividades de voluntariado: Dna. Mónica Lorenzo e Dna. Teresa Filgueiras.

Todas estas persoas están facendo posible que Pasaporte solidario leve 6 anos afianzándose entre os nosos alumnos e ofrecendo experiencias vitais aos nosos alumnos.































 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.