Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º e 4º ESO visitan Las Médulas e O Cebreiro

Durante o día de hoxe, os alumnos de 3º e 4º de ESO, acompañados dos seus titores, fixeron unha saída cultural que aproveitaron para ter xuntos un tempo de convivencia e, do mesmo xeito, estar en contacto coa natureza.

O día comezou ben cedo xa que ás 7:30 h colleron un autobús que os levou ata As Médulas, declarado pola UNESCO ‘Patrimonio de la Humanidad’ en 1997. Este lugar, enclavado na comarca do Bierzo (León)  é unha antiga mina de ouro dos romanos que, empregando unhas complicadas canles (algunhas de máis de 100 kms de lonxitude) únicas naquela época, transportaban auga desde os ríos colindantes, e coa presión que xeraba, axudáballes a explotar o xacimento aurífero durante os séculos I-III d C. Nesta fermosísima paraxe tivemos a ocasión de facer unha ruta a pé para visitar dúas impresionantes covas (La encantada e La Cuevona), chegar ata o Mirador de Orellán e facer un percorrido subterráneo pola galería do mesmo nome de máis de 700 mts. para chegar ao ‘Mirador de la Horta’ cunha enorme caída en vertical onde remataba a galería e desde onde se pode ver toda a contorna da comarca e do próximo lago de Carucedo.

Despois desas emocións, tiveron tempo para o descanso e un xantar ben merecido. Mais aí non acababa todo… porque, de volta cara Ferrol, fixeron unha parada no pobo do Cebreiro, lugar importante porque é o primeiro pobo de entrada en Galicia no Camiño de Santiago francés. Alí viron as súas características pallozas e tamén a súa igrexa prerrománica, Santa María de O Cebreiro, que é o primeiro templo que se atopa un peregrino cando entra en Galicia. A súa antigüidade remóntase ao ano 872 (s.IX). Unha das referencias escritas máis antigas é do ano 1072, onde indica que o templo pasa a depender dos monxes benedictinos franceses. Nesa paraxe aproveitaron para facer as fotografías de rigor e xogar un rato botándose bolas de neve coa pouca que aínda quedaba.

Cansos, pero satisfeitos, chegaron a Ferrol coa inquedanza de compartir coas familias todo o vivido durante ese día.

Botádelle un ollo ás fotografías, paga a pena.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.