Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

4º ESO visita o Centro de Bacharelato Carballo Calero

Dentro do POAP do noso centro (Plan de Orientación Académica e Profesional), os alumnos de 4º de ESO visitaron o Centro de Bacharelato do barrio, Carballo Calero. Unha vez alí, foron recibidos por Susana, orientadora do Centro, que lles explicou as distintas ofertas de bacharelato, a oferta educativa que teñen no seu centro e contestou as dúbidas que xurdiron trala explicación. Con posterioridade, fixeron un percorrido polas instalacións do centro para rematar cunha visita á cafetaría onde nos convidaron a uns emparedados e zumos.

Coma todos os anos, na visita estivemos acompañados por antigos alumnos do noso colexio que están estudando no Carballo Calero e que lles explicaron con máis detalle que supón estudar bacharelato e as novidades máis interesantes do cambio.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.