Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Celebramos o Día da Paz

O día 30 de xaneiro é un día especial para toda a Comunidade educativa do colexio La Salle de Ferrol.

Todos os anos ao chegar estas datas, celebramos no colexio o Día da Paz. É un día especial porque nos permite amosar o noso compromiso individual, grupal, de clase, e incluso colexial con un tema tan transcendental como a Non violencia e a Paz.

Desde todas as aulas preparamos con agarimo os nosos compromisos, plasmáronse por escrito en bolboretas que se adornaron de fermosas cores e foron escritos coas mensaxes cargadas de sentido e emoción que cada clase tiña preparadas para conmemorar tal festividade.

O acto colexial fíxose na entrada da mañá do martes 30. Todos os alumnos do centro e moitas familias que nos quixeron acompañar reunímonos no pavillón para facer un xesto simbólico pola Paz. Cada clase foi lendo as mensaxes traballadas e escritas en carteis ao xeito para colocarse en macetas con diferentes sementes. Queda tarefa por diante:  coidar con agarimo estas sementes en cada clase ao longo do curso para que brote unha planta de cada unha delas.

As bolboretas coas mensaxes colocáronse no chan da entrada do colexio xunto a unha enorme pomba como símbolo de Paz.

Deixámosvos a galería de fotos para que poidades ver como resultou a actividade.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.