Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

Revista curso 2017-18

CARA AO MAR

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

O noso colexio participa no “Programa escolar de consumo de froitas, leite e hortalizas”

Empezamos o trimestre dunha maneira sa e saudable, co “Programa de consumo de froitas, leite e hortalizas”, financiado pola UE.

Ao comezo do curso solicitamos á Xunta a incorporación do noso centro ao devandito programa e despois de realizar os trámites necesarios, concedéronnolo. Gadis foi a encargada de subministrarnos, de forma moi eficiente, os alimentos que imos tomar.

Poderemos disfrutar e degustar a froita, as hortalizas e o leite durante 15 días, nos dous trimestres que quedan de curso. Empezamos hoxe coa repartición do leite no momento do recreo (con lactosa e sen ela), como poderedes ver nas fotos.

Non hai mellor maneira de empezar o segundo trimestre e o ano novo,  co consumo destas merendas tan saudables, ricas en vitaminas e que tanto nos gustan. Daranos tamén a oportunidade para que os nosos alumnos e alumnas poidan probar diferentes tipos de froitas e  apreciar os diferentes sabores  destes alimentos, contribuíndo a unha alimentación máis sa e saudable.

Damos as grazas desde aquí, por poder participar e disfrutar deste programa educativo, que nos fará desde logo, os recreos máis especiais e saudables.

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.