Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Chegan ao noso colexio as SSMM de Oriente!

Antes de rematar este primeiro trimestre do curso, o derradeiro día de clase,  achegáronse ao noso  colexio as Súas Maxestades de Oriente. Un ano máis,  tiveron a deferencia de facer un oco nas súas complicadas axendas, para recoller as últimas cartas dos alumnos e alumnas e repartir un pequeno agasallo que despertou os sorrisos de todos.

A maxia, a ledicia e a ilusión encheron as aulas, nunha mañá, onde os soños foron os protagonistas.

Comezaron os máis pequenos da Escola Infantil e logo os demáis cursos. Todos, maiores e pequenos,  tiveron o seu momentiño para achegarse ao seu Rei Mago favorito e recibir unha bolsa de lambetadas. Non faltaron tampouco as panxoliñas que lles dedicamos para agradecerlles o esforzo de pasar polo  noso colexio.

Marcháronse  as Súas Maxestades  ledos,  pero con moito traballo por diante. Agora quédalles por ler todas as peticións que dende o noso colexio fixeron os alumnos e alumnas coas súas cartas cheas de desexos para este Nadal.

Queremos dende aquí, darlle as grazas ás SSMM, porque sabemos que aínda que nestas datas están moi ocupados,  sempre atopan un momentiño para disfrutar coas persoas do noso Colexio, enchéndonos a todos de ledicia e ilusión.

Na galería de fotos podedes observar as caras de ledicia de todos, outro momento máis para poñer en práctica o lema do curso deste año: “A túa ledicia, é a miña”.

Felices Festas e Bo Nadal!

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.