Participación no programa cultural “O cadro do Espantallo”
O venres, día 9 de decembro, o noso colexio participou no proxecto “O cadro do espantallo”.
A compañía de teatro “Ti e máis eu Teatro” puxo en escea una obra no Centro Cívico de Caranza, coa que pretendía recuperar as tradicións e costumes dos nosos avós.
Na obra había una bruxa que mentras recreaba a esfolla, o magosto… lembrabanos tradicións, historias, contos dos nosos avós: magosto, esfolla, sega…
Previamente a esta representación, fixemos na casa un traballo de investigación sobre diferentes termos relacionados cos traballos de antes e para elo pedímoslles axuda aos nosos avós.
Para agradecer a nosa participación, ese mesmo día ao rematar a obra, deronlle un premio a un neno do colexio, Juan Roces, de 2º de Primaria polo seu traballo e ao Colexio regalaronlle un cadro moi fermoso dun espantallo.
¡Gracias por todo e continuade con esa tarefa tan importante de recuperación das tradicións!
A continuación podes ver algunha das fotos: