Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

14 de novembro Día Mundial da diabetes no comedor escolar

O martes 14 de novembro conmemórase o Día Mundial da Diabetes. Trátase dunha enfermidade que está estendida entre a poboación, que afecta tamén aos nenos e, ás veces, temos un certo descoñecemento dela. Aproveitando o tempo que nos proporciona a xestión do comedor e a posibilidade de facer actividades educativas neses momentos de lecer antes do inicio das clases das tardes, o noso cátering, ARUME, xunto coa Asociación de Nenos e nenas con Diabetes de Galicia (ANEDIA) farán unha actividade formativa cos nenos e nenas que fagan uso durante ese día do noso servizo de comedor.

O obxectivo desta charla será informar aos rapaces de que é a diabetes, que a produce, que problemas de saúde acarrea, os coidados que hai que ter coa alimentación á hora de tomar, ou non, determinados alimentos e sobre todo a necesidade de levar unha alimentación axeitada para controlar a enfermidade. Se queredes coñecer máis información dos temas que se tratarán ou coñecer máis información sobre a enfermidade, podedes premer para ver un dossier informativo.  Para ver máis información sobre ANEDIA podedes consultar o seguinte enlace.

 

Polo tanto, lembrade, 14 de novembro, Día Mundial da Diabetes, no noso centro non será un día máis!

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.