Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º e 4º ESO visitan Padrón e Muíños da Barosa

Na día de hoxe, os alumnos de 3º e 4º de ESO tiveron a primeira saída do curso cunha visita a Padrón e aos Muíños da Barosa. A primeira parada estivo en Padrón, diante da Colexiata e da Fundación Cela. Unhas explicacións sobre a figura de Cela e a súa importancia na historia da literatura e visita do interior da Colexiata de Santa María de Iria Flavia (primeiro templo mariano de Galicia e centro de peregrinación antes de Santiago de Compostela). No seu cemiterio visitamos as sepulturas de Rosalía de Castro e de Camilo José Cela antes de dirixirnos á “Casa da matanza” (Casa Museo Rosalía de Castro). Nela, tiveron que buscar as respostas a uns cuestionarios, preparados polos profesores, para acadar un “premio doce” para despois de comer (Helga e Candela foron as gañadoras).

 

Un paseo polo Xardín botánico da cidade, polo seu casco histórico, o Paseo do Espolón e a Igrexa de Santiago, onde baixo o seu altar maior, observamos o “Pedrón” que, segundo a tradición xacobea,  é a pedra na que os póstolos amarraron a súa barca cando chegaron cos resto do apóstolo Santiago a Galicia serviron para completar a mañá.

Deixamos Padrón para coller a estrada rumbo aos Muíños da Barosa onde xantamos na súa área recreativa ao pé da fervenza e fixemos un percorrido de sendeirismo ao carón do río Barosa. Os máis intrépidos tiveron ocasión de darse un pequeno chapuzón. Tralo regreso ao autobús tomamos rumbo a casa.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.