Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

«Pasaporte solidario» na Liga galega de Boccia

Despois da formación recibida o martes pasado a cargo da Asociación Sociocultural ASCM, na que nos amosaron algúns secretos da «boccia», hoxe foi un día especial. Un grupo de alumnos do noso Centro, acompañados por Mónica, tivo a ocasión de formar parte da Liga autonómica de Boccia  que se celebrou esta mañá no Pavillón Municipal «A Xunqueira» de Fene.

Os nosos alumnos tiveron un papel destacado: nada máis e nada menos, que xuíces de tempo e, aínda que un pouco abrumados por tanta responsabilidade, fixeron o seu labor con grande eficacia e moita satisfacción. Ademais de todo o que conleva un evento deste estilo, chamoulles moito a atención a enorme destreza e as diferentes tácticas dos participantes, que fixeron as delicias dos asistentes.


Como Centro La Salle, estamos enormemente agradecidos por esta oportunidade que nos brinda ano a ano a ASCM. Actividades coma esta permítennos profundizar no noso Carácter Propio e ofrecer unha formación integral aos nosos alumnos. Non só son importantes os contidos académicos; participar en xornadas como a de hoxe axuda a que os nosos alumnos comprendan valores como a igualdade, a xustiza social, a solidariedade, o compromiso, a responsabilidade… e ser futuros cidadáns íntegros, responsables e ben formados en todas as circunstancias da vida.

 

Parabéns aos participantes!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.