Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Os alumnos de Pasaporte Solidario aprenden «boccia»

Un grupo de alumnos do Centro estivo esta tarde, acompañados por Mónica, recibindo a membros da Asociación Sociocultural ASCM de Ferrol que lles amosaron as normas da «boccia». (A «boccia» é un deporte paralímpico, semellante á petanca, e que está orientado a persoas con parálise cerebral ou discapacidade física severa).

Ademais de aprender as súas normas, terán a posibilidade de participar como xuíces de tempo no encontro que terá lugar este sábado pola mañá no pavillón de San Valentín. Estades todos convidados a asistir á competición!

Agradecer a dispoñibilidade que sempre amosan con nós os membros  da Asociación Sociocultural ASCM e parabéns aos participantes de Pasaporte Solidario na actividade.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.