Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Tarde de Obradoiro de Voz Natura

Na tarde de hoxe os alumnos/as do Obradoiro img-20161201-wa0019de Voz Natura tiveron unha nova xuntanza promovida por Lorena, María Jesús e Bruno. As tarefas desenvolvidas, desta volta, consistiron no mantemento do xardín exterior e as plantas sementadas o mes pasado, limpando de malas herbas o terreo.

Unha vez feito iso, plantaron lavanda e santolina, herbas aromáticas que prenden fácil e dan moito ambiente. E por último, aprenderon a trasplantar, levando unha begonia e un ciclame do xardín exterior xunto coas nosas plantas de interior.

Como resulta habitual nas actividades deste grupo, o traballo no exterior, coas flores, plantas, o medioambiente en xeral, é de gran acollida polos rapaces e serve para educar no respecto á natureza. Velaquí unhas fotos da actividade.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.