Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

3º e 4º ESO participa en actos Contra a Violencia de Xénero

No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero,img-20161125-wa0046os alumnos de 3º e 4º de ESO participaron en distintos actos, organizados polo Concello, para amosar a súa firme repulsa Contra a Violencia de Xénero. No teatro Jofre, unha representación de alumnos de 3º e 4º de ESO de seis centros da cidade, debatiron sobre esta realidade,  facendo reflexións profundas sobre esta situación. Diante das autoridades locais e cun auditorio de 300 compañeiros, os rapaces deron a coñecer as súas suxestións sobre esta lacra que afecta á nosa sociedade e, coma se fose nun pleno municipal, fixeron unha votación para aprobar todas e cada unha das propostas.

Con posterioridade, achegáronse ao Parque Raíña Sofía para plantar rosais en lembranza das vítimas deste tipo de violencia, e amosar con este xesto a nosa solidariedade para con elas.

Por outra banda, o resto dos cursos  estivo traballando o tema desde as sesións de titoría e colocáronse diferentes carteis facilitados polo Concello, para colaborar na campaña «Ferrol en negro» facendo ben visible o nosos compromiso pola tolerancia e respecto a todas as persoas.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.