3º e 4º de Primaria no teatro
O mércores 23 de novembro os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P fomos ao teatro Afundación para ver unha adaptación do clásico de “Pulgarcito”. O conto tradicional foi recreado entre un pai e un avó a véspera dun día moi especial para ámbolos dous. Todo comeza ao levantar o dedo polgar dunha man e deixar
voar a imaxinación.
Ademais de facernos rir coas falcatruadas do avó reflexionamos sobre a situación dos nosos maiores.