Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Tardes lúdicas: Voz Natura

Un ano máis, comezamos hoxe cunha actividade img-20161027-wa0046que ten moi boa acollida entre os rapaces de ESO: as tardes lúdicas. Trátase de actividades que organizan os profesores de Secundaria para os seus alumnos, fóra de horario escolar, e que pretenden achegarse aos alumnos con outros tipo de contidos, non académicos, pero non exentos de valores culturais, sociais e persoais.

O Equipo de Voz Natura (Lorena, María Jesús e o reforzo hoxe de Bruno) deseñou para a esta tarde a creación dun novo ‘Espazo Voz Natura’. As actividades organizadas desde esta comisión de Voz Natura son sempre actividades que van a prol do coidado do ecosistema e da conservación e respecto pola natureza, sendo eses os obxectivos que se pretenden conseguir cos alumnos.

Aproveitando unha zona do patio acorde para iso, realizaron unha limpeza das malas herbas, abonaron o terreo e botaron unha capa de terra para que prendesen as plantas.

Unha vez levado a cabo o labor máis duro, iniciaron o transplantado de varias clases de plantas, atendendo ao seu tamaño: azaleas, rododendros, diosmas e daphnes foron as plantas escollidas polo equipo e adicaron boa parte do tempo a levalas con moito mimo e esmero ao espazo preparado para iso. Como aínda vai bastante calor, unha boa ración de auga e… a esperar a que medren!

Para a próxima sesión, alá polo fin de novembro, teñen previsto aproveitar outra parte xa adecentada para o cultivo de herbas e plantas aromáticas.

Como sempre, o fin último destas actividades é pasar un rato entretido e diferente, e damos fe polas fotografías que o obxectivo estivo conseguido.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.