Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Charla sobre os riscos das novas tecnoloxías

Cada vez estamos máis inmersos nun mundo dixitalizado, charla-nuevas-tec-web-8onde termos como Facebook, Twitter, Whatsapp, Instagram, Snapchat, Telegram… están cada vez máis presentes nas nosas vidas e nas dos nosos alumnos e, como Centro, consideramos de vital importancia que os nosos alumnos teñan a máxima información sobre estes temas.

Por iso, durante a mañá de hoxe, o Inspector da Policía Nacional D. Javier Seijas, estivo con nós para dar charlas informativas aos alumnos de 5º e 6º de EP por unha banda, e de 1º de ESO con posterioridade, alertando sobre o uso indebido destas redes sociais, os riscos que conleva un uso inapropiado das mesmas, os perigos que poden representar e a responsabilidade que significa formar parte dalgunha delas.

Como se sinalou nas charlas, é de vital importancia que os pais/nais estean ao corrente do que fan os seus fillos diante dun ordenador, ou co seu móbil…, para garantir que están facendo un uso responsable destes recursos.

Queremos agradecer a dispoñibilidade de D. Javier Seijas para facer estas charlas e o clarificadoras que resultaron as súas explicacións.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.