Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Tarde de Samaín

Na tarde de hoxe tivo lugar o momento central fotos-samain-web-176da celebración do Samaín no Centro.

En Ed. infantil e EP, nun primeiro momento nas aulas, leváronse a cabo diferentes obradoiros de manualidades con froitos de outono.

En Secundaria, houbo diferentes «obradoiros terroríficos» (atopar obxectos no salón de actos a escuras, maquillaxe, atopar obxectos dentro dunhas caixas cegas con substancias noxentas dentro) e proxectáronse curtos de terror ademais dunha escolma das esceas máis famosas das pelis de terror ao longo da historia.

Tralos momentos de susto, todos os membros da comunidade educativa reuníronse no pavillón para ver as cabazas que se fixeron para o concurso e disfrutar, por cortesía da ANPA, dun chocolate e duns biscoitos para poñer o punto doce á xornada. Como colofón, o tradicional desfile de cabazas ata as clases foi o punto e final das actividades.

Os alumnos de Secundaria que participan durante as tardes lúdicas na actividade de Prensa, estiveron facendo vídeos, gravando entrevistas e presentarán a súa propia reportaxe, coordinando este traballo tres profesores,  no blog de secundaria. Estaremos pendentes da súa evolución.

Velaquí as fotografías das actividades.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.