Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Reunións de pais/nais

Durante a tarde de onte martes, os pais/naisimg_20161004_184617283_hdr de EP e ESO, e hoxe, os de E. infantil, estaban convocados para as reunións do inicio do curso. Foi unha primeira toma de contacto para establecer os cauces da imprescindible comunicación que durante o curso teremos entre as familias-colexio.

Trala benvida do director no salón de actos e, unha vez explicadas as melloras realizadas durante o verán nas instalacións do colexio, asistimos á presentación do Proxecto educativo do noso Centro por medio de vídeos nos que os alumnos, auténticos protagonistas do noso quefacer diario, presentaron os distintos programas que traballamos no noso Centro: Ulises, CREA, SENSOR, Aprendizaxe cooperativa, HARA, Sallejoven, Pasaporte solidario…

Con posterioridade, xa nas aulas, os titores reuníronse coas familias para presentar máis polo miúdo o ano escolar de cada unha das etapas, coas súas peculiaridades e atendendo ás distintas circunstancias de cada idade.

Queremos agradecer a asistencia de todas as familias que se achegaron ata o colexio para esta primeira toma de contacto e indicar novamente que o profesorado está á vosa disposición para atender as vosas inquietudes e dúbidas.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.