Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Os alumnos de 5º e 6º pasan tres días no Grove

O días 25,26 e 27 de maio os nenos e nenas de 5º e 6º de EP5º - 6º en Fieitás (155) estivemos en Fieitás, en O Grove, convivindo e disfrutando dun montón de actividades ao aire libre.

Así o contan eles:

Cando chegamos fixemos un xogo para presentarnos e logo levamos as cousas ás nosas habitacións.

Pola tarde baixamos á praia e moitos nos bañamos ainda que a verdade é que facía algo de frío. Os monitores, que eran moi simpáticos , leváronnos a praias e a sitios moi “guais”. Ensináronnos  cousas sobre a natureza e fixemos deportes incribles: body board (o mellor era que tocara no primeiro turno  porque no segundo os traxes de neopreno estaban mollados e daban moito frío), snorkel (tiñamos que bucear para ver peixes e algas pero casi todos metíamos só a cabeza e quedaba o resto do corpo fora), subimos ao rocódromo (parecía moi difícil e non nos atreviamos pero despois queriamos repetir) e nos tiramos na tirolina.

Non puidemos andar coas canoas porque o mar estaba moi bravo .Que magoa!

O último día fomos ao monte a facer vivacs: cabanas con polas, paos, fieitos …que ben o pasamos, foi xenial!

Cantamos moito moito (osito gominola jajaja) e incluso fixemos concurso de talentos e os monitores, que eran o xurado, estaban disfrazados e algún de nós para actuar tamén.

As comidas estaban moi ricas.

Destacamos as veladas porque foron moi divertidas.

Unha experiencia para volver a repetir!

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.