Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Charlas da Sociedade Galega de Historia Natural

NO COLEXIO LA SALLE IMPARTÍRONSE CHARLAS E UN OBRADOIROS AOS ALUMNOS DO 2º e 3º CICLO DE EDUCACION PRIMARIA.

Segundo o convenio asinado entre o Concello de Ferrol e a Sociedade Galega de Historia Natural e a petición do colexio realizáronse as seguintes actividades os días 2-8-9-16 de febreiro:

“As enerxías renovables”:Vantaxes e inconvintes destas novas fontes de enerxía. Emprego tradicional destas fontes. Os parques eólicos, as centrais hidroeléctricas.

“unha viaxe espacial”: Viaxe virtual partindo da terra e percorrendo o Sistema Solar, a nosa galaxia, o grupo de galaxias, espazo profundo…

“Planetas solares e extrasolares”: comparación dos planetas coñecidos do sistema solar cos novos planetas descubertos en outras estrelas e investigación das posibilidades de conter vida.

Obradoiro de meteoritos: Buscáronse meteoritos nos arredores do colexio para a súa posterior identificación cun microscopio.

Estas actividades serviron como motivación para temas curriculares de Coñecemento do Medio como son o estudo do Sistema Solar, Electricidade -Magnetismo e Novas Enerxías.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.