¡Iniciamos as Festas!
Esta mañá demos comezo coas Festas na honra de San Juan Bautista de La Salle cun pregón moi especial. D. Quijote e Sancho, que andaba de 400 aniversario, viñeron saudar a todos e tamén chegou o esquío Rasi, moi coñecido polos alumnos e familias de educación infantil para desexarnos unhas felices festas..
Despois, como xa é tradicional, os alumnos de 5º e 6º de EP fixeron unha exhibición das súas dotes coma bailaríns de zumba. O resultado foi espectacular. Podedes ver vídeos do pregón e da exhibición de zumba no noso canal de youtube.