Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Alumnos de Pasaporte Solidario visitan o CAMF de Ferrol

Pasaporte Solidario é unha actividade que se levou a IMG-20160429-WA0026cabo durante este curso cun grupo de alumnos de 3º e 4º de ESO. Como se veu comentando noutras entradas da nosa web, Pasaporte Solidario é unha actividade de voluntariado organizado pola Xunta de Galicia e que propón participar, ao longo do ano, en diferentes actividades solidarias con distintas asociacións que conlevarán, ao remate das mesmas, a obtención dun pasaporte individual que atestigua o seu compromiso solidario durante o curso 2015-16.

No transcurso deste ano escolar, formamos parte de actividades tan diversas como limpeza de ordenadores, visita á Residencia de Maiores, practicar boccia coa Asociación ASCM de Ferrol , colaboraron con Cáritas, traballaron coa Protectora de Animais Cometa, participaron coma xuíces na Liga Autonómica de boccia, por sinalar as máis destacadas.

Nesta tarde, media ducia de alumnos, acompañados por Mónica e Lorena, achegáronse ata o CAMF de Ferrol para colaborar cos membros da Asociación nunha clase de manualidades e elaborar diferentes produtos seguindo as súas instrucións. Coma sempre, a implicación dos nosos alumnos foi total e amosaron o seu bo facer e ser uns “todoterreo” para amoldarse a todas as actividades que se realizaron.

Como Centro La Salle, o noso compromiso coa sociedade en xeral, e co barrio de Caranza en particular,  é ofrecer unha educación de calidade e rica en valores e experiencias que conformen a personalidade dos nosos alumnos. Experiencias de voluntariado como esta, na que o contacto con outras realidades que non son habituais no seu día a día, o compromiso de facer accións polos demais de xeito voluntario, sen esperar nada a cambio, son de seguro experiencias que nun futuro próximo formarán parte do seu acervo persoal.

Queremos valorar e agradecer o esforzo realizado polos rapaces e os distintos profesores e animadores que teñen organizado e acompañado nesta actividade ao longo do curso; tamén agradecer ás distintas asociacións que durante este curso escolar nos teñen acollido para poder facer este labor. Parabéns, rapaces!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.