Xornada de despedida do Obradoiro de Creatividade
Unha vez rematadas as clases desta tarde, os alumnos de 5º e 6º EP tiveron a xornada de despedida do Obradoiro de Creatividade no que levan participando todos os xoves de cada final de mes durante este curso.
A sesión de hoxe foi especial por ser a última e, coma non podía ser doutra maneira, deixou un moi bo sabor de boca entre os participantes e organizadores. Dinámicas de xogos, adiviñas, enigmas e un entrenamento cognitivo serviron para poñer colofón a este obradoiro. Unha vez rematado, queremos agradecer o traballo desempeñado polo Equipo de Orientación que se encargou de dinamizar as sesións e polo empeño e interese que amosaron os alumnos participantes.
Vémonos o próximo curso!