Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

1º e 2º ESO visitan a costa de Ortegal e a súa contorna

Durante o día de hoxe, os alumnos de IMG-20160412-WA00371º e 2º de ESO, acompañados dos seus titores, tiveron unha saída cultural para coñecer a costa de Ortegal.

A primeira parada foi no cabo de Ortegal (o segundo cabo máis septentrional da Península despois de Estaca de Bares) e pasearon polos arredores do seu faro. Despois da visita, achegáronse ata a localidade de Cariño onde visitaron unha fábrica conserveira por dentro (Conservas «La Pureza») e tiveron a ocasión de observar como funcionan este tipo de industrias.

Despois de xantar, trasladáronse ata San Andrés de Teixido, parando nos acantilados de Herbeira (os de maior altitude sobre o nivel do mar da Europa continental) e na garita da Herbeira (construción de pedra do S. XVIII). Ademais de admirar a fermosa paisaxe do lugar,  recibiron explicacións da flora, fauna da contorna (A Serra da Capelada), con porcos celtas incluídos, e unha vez chegados a San Andrés escoitaron as lendas sobre o lugar:  «Vai de morto quen non vai de vivo», a «herbiña de namorar»… podedes ver o enlace que fixeron os rapaces do blog o ano pasado para ter maior información.

 

Aquí podedes observar aquí as fotografías da xornada.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.