Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Animación lectora en EP

O día 6 de abril os alumnos/as de 1º a 4º de EP20160406_162415 tivemos na biblioteca unha animación lectora en galego, do conto “Feliz Feroz. O lobiño riquiño”, a cargo do contacontos Iago López.

O primeiro que fixo Iago foi escoller entre todos os nenos/as o protagonista do conto, o lobiño. Contamos coa actuación de Álvaro, alumno de 1º EP.

A historia trataba dun lobiño que era demasiado bo para ser un lobo feroz. A súa nai chamou ao seu irmán para pedirllle que lle axudara a convertirse nun lobo feroz. Cando chegou a casa do seu tío,  o lobillo deulle como agasallo un debuxo e el enfadouse moitísimo  e díxolle:

-Os lobos  NON FACEMOS DEBUXOS!!! Os debuxos son paparruchas!!!

A continuación o seu tío comprobou se sabía facer tres cousas moi importantes para ser un lobo:

Ouvear, saltar e soprar. Decatouse entón que non sabía facer ningunha delas e decidiu levalo ao monte para que fixese catro probas:

Na primeira pediúlle que comera os coellos , pero o lobiño non foi capaz e comeu as cenorias.

Na segunda proba tiña que  mentirlle a Carapuchiña Vermella pero o lobiño, como era tan bo, púxose a merendar con ela.

A  terceira proba era comer a avóa de Carapuchiña pero o lobiño tomouse un rico cola- cao con ela.

E por último, tiña que comer os sete cabritiños. O tío díxolle que, para enganalos, tiña que manchar as patas de fariña e comerse un ovo cru. O ovo, sen querer, caeulle na fariña e el aproveitou para facer una torta de cenoria.

Ao final chegou o tío moi enfadado porque non superou ningunha das probas. O lobiño canso de tantas probas meteulle un anaco da torta na boca e tanto lle gustou ao seu tío que se decatou de que o mellor que sabía facer o seu sobriño eran doces e decidiron abrir unha pastelería co nome de “ Doces Feroz”.

Foi moi divertido e temos moitas ganas de seguir lendo o conto nas nosas clases!!!

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.