Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Obradoiros de Voz Natura e edición de vídeo

Durante a tarde de hoxe, os alumnos que participan IMG-20160406-WA0068en Voz Natura  e os de edición de vídeo tiveron unha tarde de traballo conxunto. Por unha banda, os máis «esforzados» do cole puxéronse mans á obra e estiveron preparando un novo horto a carón das instalacións da Escola infantil. Traballaron arreo para preparar o espazo para sementar en primeiro lugar, e despois plantaron pementos picantes e doces, cabaciñas e perexil…

Todo isto foi inmortalizado dixitalmente por unha alumna do Equipo de edición de vídeo. O resultado podedes velo nas fotografías, e mañá, o grupo de alumnos que se encarga da edición do blog de ESO subirán o vídeo ao seu canal de youtube e poderemos velo todos.

Iso se chama traballar en equipo! Ben feito rapaces!

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.