Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Visita ao CIT dos alumnos de 3º e 4º ESO

Durante esta mañá, os alumnos de 3º e 4º de ESO, IMG-20160406-WA0042xunto cos seus titores, visitaron as instalacións do CIT  (Centro de Investigacións Tecnolóxicas) do Campus de Ferrol, pertencente á Univerdade da Coruña.

Nas aproximadamente dúas horas e media de visita, recibiron unha explicación das instalacións centrando a visita en tres dos varios laboratorios dos que consta dito complexo.

No Laboratorio de Combustibles recibiron unha explicación do labor que levan a cabo alí, facendo análises de todo tipo de combustibles: gasolina, gasoil nos seus diferentes tipos, gas… ademais de detallar os distintos procesos que teñen que realizar para obter os resultados. Foi toda unha clase de química «in situ».

No Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser recibimos unha explicación das orixes e breve historia del, vimos distintos tipos de láser, os distintos usos e asistimos a unha demostración dun deles que nos deixou a todos «pasmados».

No Laboratorio de Plásticos, dous investigadores nos explicaron que hai moitísimos tipos de plásticos, con diversas propiedades, e que eles investigan para obter, dependendo das necesidades das empresas, plásticos máis duros, ou brandos, ou flexibles, ou ríxidos, combinados con outros materiais para que sexan condutores da electricidade, ou aillantes…, ademais de animarnos a todos a facer unha reciclaxe efectiva nos nosos fogares.

Queremos en nome dos alumnos e titores agradecer a cálida acollida e o bo trato recibido por parte de todo o persoal do CIT e o agarimo posto en todas as súas explicacións. Velaquí unhas fotos da visita.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.