Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Semana da Prensa

Durante esta semana pasada celebrouse a Semana da Prensa,IMG-20160310-WA0021 e o noso Centro, como non podía ser menos, tivo programadas diversas actividades para todos os niveis educativos tendo o xornal coma protagonista nas aulas.

Desde os pequenos da escola infantil, ata os maiores da ESO, tiveron presente o xornal nas aulas para conseguir distintos obxectivos con el:  os máis pequenos fixeron un achegamento a que é un xornal e experimentaron con el tocándoo e pasando as páxinas; houbo clases que deron un paso máis alá elaborando o seu propio xornal  (destaca a clase de tres anos con «Las noticias de Ali», a súa mascota deste curso, ou os alumnos da Escola Infantil que entrevistaron a un mago auténtico, ‘O Mago Pepe’) para chegar ás clases dos máis maiores onde se detiveron na lectura e análise das noticias, observaron as distintas partes do xornal, os diferentes tipos de xornais existentes…

Como exemplo do traballado quedan unhas fotografías dos alumnos durante a semana.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.