Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Plan de Orientación Académica e Profesional (POAP)

Durante o segundo trimestre as titorías realizadasIMG-20160304-WA0106 en 4º de ESO estiveron dirixidas á presentación das posibles saídas académicas unha vez rematado dito curso. Coa intención de que os alumnos teñan a maior información posible para escoller o seu itinerario persoal a partir deste curso, realizaron, acompañados do seu titor, unha serie de visitas para coñecer, de primeira man, as opcións de que dispoñen.

O 12 de febreiro, visitaron o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro  onde a Orientadora e varios profesores do Centro lles explicaron as distintas familias de Ciclos formativos existentes no centro. Ademais diso, faláronlles das distintas posibilidades de acceso tanto para os Ciclos de Grao Medio, como para os Ciclos de Grao Superior. Unha visita guiada polo Centro para coñecer as súas instalacións puxo fin á visita.

O 19 de febreiro visitaron o IES Ricardo Carballo Calero . Neste caso foron atendidos pola orientadora do Centro que lles explicou os distintos Bacharelatos que hai, os que están ofertados no seu centro, as materias das distintas modalidades de Bacharelato e respondeu a todas as preguntas que se lle plantexaron. Novamente unha visita polas dependencias do instituto, guiados por antigas ex-alumnas do noso Centro que están en 1º de Bacharelato, serviu para rematar o día.

O día 26 de febreiro contamos coa visita do Brigada do Corpo de Infantería de Mariña da Armada D. Tomás Blanco Corral que se achegou ao noso Centro para ter unha charla cos nosos alumnos. Nesa charla, faloulles da situación do mundo, da implicación das nosas Forzas Armadas en tentar facer un mundo mellor, de valores como o compromiso, a solidariedade, compañerismo, esforzo, traballo en equipo… Faloulles tamén de como sería o acceso ás mesmas e, sobre todo, insistiulles na necesidade de chegar o mellor formados posibles para ter maiores posibilidades dentro do corpo.

O día 4 de marzo rematamos coas visitas facendo unha visita ao Campus universitario de Ferrol, pertencente á Universidade de A Coruña. Neste campus visitamos distintas instalacións e diferentes profesores e alumnos nos estiveron falando de como é a Universidade. Despois dunha breve presentación no SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante) onde lles explicaron as súas funcións, visitaron a Escola Politécnica Superior, a Facultade de Humanidades e Documentación, a Escola Universitaria de Deseño Industrial, a Facultade de Enfermaría e Podoloxía, a Facultade de Ciencias do Traballo e a Escola Universitaria Politécnica.

Desde estas liñas queremos agradecer a todas as persoas que participaron nestes encontros pola súa atención e fabulosa acollida. Vémonos o próximo ano!

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.