Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Obradoiro de creatividade

Amosando o noso compromiso de dar a formación IMG-20160225-WA0040máis completa posible aos nosos alumnos, un grupo de alumnos de 5º e 6º de EP participou na tarde de hoxe nun novo obradoiro na biblioteca escolar co fin de traballar un valor moi requerido na sociedade actual: a Creatividade.

O Equipo de Orientación preparou para o día de hoxe moitas novidades: fomentouse a creatividade a través da expresión corporal con distintos xogos e dinámicas; houbo momentos de reflexión persoal e de traballo por medio do tangram para axilizar a agudeza mental e visual, comezouse un traballo sobre a actividade de «O cadáver exquisito» que se levou a cabo na primeira sesión deste curso…

Como remate, fíxose unha actividade que convidaba a todos os presentes a mirar os demais, pero non de calquera maneira, senón cunha mirada que fose máis alá do físico.

Todos os participantes estiveron encantados coas dinámicas (só hai que ver as fotos) e desexosos de que chegue a próxima!

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.