Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Saída cultural ás Médulas e ao Cebreiro

Durante o día de hoxe, os alumnos de 3º e 4º de ESO, DSC05070 (1024x768)acompañados dos seus titores aproveitaron o día para facer unha saída cultural e ter xuntos un tempo de convivencia e, do mesmo xeito, estar en contacto coa natureza.

Con esa intención aproveitamos para, ben cediño (7:30 h), coller un autobús que nos levou ata As Médulas, declarado pola UNESCO ‘Patrimonio de la Humanidad’ en 1997. Este lugar, enclavado na comarca do Bierzo (León)  é unha antiga mina de ouro dos romanos que, empregando unhas complicadas canles (algunhas de máis de 100 kms de lonxitude) únicas naquela época, transportaban auga desde os ríos colindantes, e coa presión que xeraba, axudáballes a explotar o xacimento aurífero durante os séculos I-III d C. Nesta fermosísima paraxe, na que atopamos unha abundante nevada, tivemos a ocasión de facer unha ruta a pé para visitar dúas impresionantes covas (La encantada e La Cuevona), chegar ata o Mirador de Orellán e facer un percorrido subterráneo pola galería do mesmo nome de máis de 700 mts. para chegar ao Mirador de la Horta cunha enorme caída en vertical onde remataba a galería e desde onde se pode ver toda a contorna da comarca e do próximo lago de Carucedo.

Despois desas emocións, tivemos tempo para o descanso e un xantar ben merecido. Mais aí non acababa todo… porque, de volta cara Ferrol, fixemos unha parada no pobo do Cebreiro, lugar importante porque é o primeiro pobo de entrada en Galicia no Camiño de Santiago francés. Alí vimos as súas características pallozas e tamén a súa igrexa prerrománica  (do S. IX) e aproveitamos para facer as fotografías de rigor. Tivemos a enorme fortuna de facer a visita co pobo totalmente nevado, o cal fixo que o lugar, xa de por si fermoso, estivese especialmente engaiolante. Os nosos alumnos, e os titores tamén, pasamos unhas horas moi divertidas nese elemento disfrutando da neve e dos compañeiros.

Cansos, pero satisfeitos, chegamos a Ferrol coa inquedanza de compartir coas nosas familias todo o vivido durante ese día.

Botádelle un ollo ás fotografías, paga a pena.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.