Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2020-21

Facebook

Síguenos en Twitter

Semana da Ciencia

Durante a semana do 18 ao 22 de xaneiro estivemos Semana Ciencias Educ. Inf (11)realizando no colexio toda unha serie de actividades encadradas dentro da Semana da Ciencia. O tema central que quixemos traballar cos nosos alumnos foi «Unha viaxe pola nosa terra» e, para iso, organizáronse varios obradoiros en función das idades dos alumnos.

Contamos coa inestimable axuda do Irmán Pablo Castrillo, que se ofreceu voluntariamente para preparar moitos dos contidos e das charlas co seu agarimo habitual.

Entre os obradoiros realizados, houbo un pouco de todo:

  • Os nenos de Ed. infantil tiveron unha observación guiada de minerais, plantas e animais vivos… as caras de sorpresa dos pequenos paga a pena velas!
  • En 1º e 2º de EP realizaron unha análise das árbores que hai no nosos Centro e o canto das aves.
  • En 3º e 4º de EP ampliaron o seu radio de acción, estudando as características das árbores do barrio e fixeron tamén unhas audicións de canto de distintas aves.
  • En 5º e 6º de EP e en ESO analizaron, por medio de vídeos, a flora e a fauna das Fragas do Eume e traballaron sobre as súas características, en cada curso enfocado segundo o seu nivel competencial.

Deste xeito, pretendeuse facer un percorrido, comezando polo máis coñecido (o patio do colexio) ata algo máis xeral como son as características dunha fraga atlántica, e que comprendesen as características do lugar en que estamos a vivir.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Aquí podedes ver as fotos das diferentes actividades.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.