Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

A túa ledicia, a miña. Lema La Salle 2017-18

Archivos

PROYDE: 25 años

PROYDE: 25 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Participamos na Liga autonómica de “boccia”

Despois da formación recibida a pasada semana a cargo IMG-20160123-WA0018da Asociación Sociocultural ASCM, na que nos amosaron algúns secretos da “boccia”, hoxe foi un día especial. Un grupo de alumnos do noso Centro, acompañados por Carmen, tiveron a ocasión de formar parte da Liga autonómica de Boccia.

Os nosos alumnos tiveron un papel destacado: nada máis e nada menos, que xuíces de tempo e, aínda que un pouco abrumados por tanta responsabilidade, fixeron o seu labor con grande eficacia e moita satisfacción. Ademais de todo o que conleva un evento deste estilo, chamoulles moito a atención a enorme destreza e as diferentes tácticas dos participantes, que fixeron as delicias dos asistentes.

Como colofón, recibiron un diploma pola formación recibida a semana pasada e pola participación no día de hoxe. Só tedes que botar unha ollada ás fotografías para ver a emoción por tan alto recoñecemento.

Como Centro La Salle, estamos enormemente agradecidos por esta oportunidade que nos brinda ano a ano a ASCM. Actividades coma esta permítennos profundizar no noso Carácter Propio e ofrecer unha formación integral aos nosos alumnos. Non só son importantes os contidos académicos; participar en xornadas como a de hoxe axuda a que os nosos alumnos comprendan valores como a igualdade, a xustiza social, a solidariedade, o compromiso, a responsabilidade… e ser futuros cidadáns íntegros, responsables e ben formados en todas as circunstancias da vida.

Parabéns aos participantes e sinalar que, como a experiencia foi tan positiva, o día 12 de marzo repiten de novo na seguinte xornada desta liga.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.