Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º e 4º ESO participan nunha charla sobre trasplantes

Nesta mañá, os alumnos de 3º e 4º de ESOIMG-20160121-WA0002 participaron nunha charla sobre trasplantes que tivo lugar no salón de actos do Centro.

Contamos coa presencia de Antón Fernández, responsable da unidade de trasplantados do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC)   e José Manuel, trasplantado que nos ofreceu o seu testemuño vital.

No día de hoxe, fixeron unha breve historia dos trasplantes, a situación de España no mapa mundial de trasplantes e de Galicia con respecto a España.

Explicaron as reticencias que atopan por parte dos familiares a autorizar a doación dos falecidos e, sobre todo, ofreceron moitísima información e concienciaron sobre a necesidade desta práctica que salva moitas vidas ao longo do ano.

José Manuel comentou os problemas que o levaron a precisar un trasplante, e como cambiou a súa vida desde o momento en que obtivo os órganos que precisaba para continuar vivindo.

Desde estas liñas, queremos agradecer as vosas achegas para a formación dos nosos alumnos e a vosa dispoñibilidade sempre que necesitamos da vosa colaboración.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.