Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Premio Carro de Prata da Asoc. Sociocultural ASCM

Nunha gala celebrada este sábado pola noite, IMG-20151129-WA0006o noso Centro foi premiado co ‘Carro de Prata’ pola Asociación Sociocultural ASCM como premio ao noso labor a favor das persoas con diversidade funcional. Na gala contouse coa presenza do conselleiro de Política Social, D. José Manuel Rey Varela, quen foi o encargado de entregar tan prezado galardón xunto co Presidente da ASCM.

Estamos toda a comunidade educativa enormemente honrados por ter recibido tal mención que premia cada dous anos a distintas asociacións ou entidades da nosa comarca e bisbarra que destacan polo seu compromiso coas persoas con diversidade funcional. Este ano, eran sete as asociacións propostas e o xurado, composto por representantes dos medios de comunicación locais e da ASCM, despois de estudar todas as candidaturas, escolleu ao Porto de Ferrol e á Asociación Chamorro como finalistas e ao noso centro como gañador.

Esta nominación serve para reafirmar o noso compromiso como Centro de achegar os nosos alumnos a todas aquelas realidades que se ven desfavorecidas, que teñen dificultades e que, ás veces, están olvidadas polas administracións e a sociedade en xeral. O PAR do Centro traballa con moitas realidades desfavorecidas: anciáns, xordos, minusválidos, xente sen fogar, comercio xusto, maltrato e discriminación de xénero, inmigrantes… e o noso compromiso con cada unha delas é real e constante.

Agradecer á Asociación Sociocultural ASCM por contar con nós para o galardón, ao xurado pola súa confianza, felicitar tamén os outros nominados, todos eles con logros importantes a prol dos demais… Seguiremos todos xuntos traballando arreo, desde as nosas posibilidades, coa intención de facer que este mundo sexa un chisco mellor para todos.

Este feito non fai máis que reforzar que o Colexio La Salle está no camiño correcto e que, ademais dos contidos académicos,  as vivencias dos nosos alumnos no decurso de toda a súa etapa escolar van facer que teñan unha visión distinta da sociedade, dos seus problemas, e buscar que sexan persoas comprometidas e voluntarias ante as necesidades sociais. Os actos de voluntariado levados a cabo por exalumnos e alumnos de 3º e 4º de ESO amosan cal é a liña a seguir nos próximos anos e estamos realmente satisfeitos dos pasos que van dando na súa vida.

Graciñas a todas as persoas que confiaron en nós para este premio e tede a tranquilidade de que seguiremos traballando aínda máis, se é posible, por ser merecedores del.

Enlace á noticia no Diario de Ferrol

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.