Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

3º ESO en contra dos Malos tratos e Discriminación de xénero

Os nosos alumnos de 3º de ESO e a súa titora IMG-20151125-WA0011estiveron participando, esta mañá, nunha serie de actos organizados desde a Casa da Muller do Concello de Ferrol en contra dos Malos tratos e da Discriminación de xénero co gallo do Día Internacional da Eliminación da violencia de xénero contra a muller .

Englobada esta actividade no PAR do seu curso, a participación dos nosos alumnos foi diversa: nun primeiro momento participaron nun obradoiro relacionado coa exposición «Cartas de amor» na Casa da muller, que colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade, en contra dos malos tratos e a discriminación de xénero.

Con posterioridade, asistiron á presentación dun vídeo elaborado no noso concello contra esa lacra social.

Por último,  asistiron ao acto institucional da lectura dun manifesto como solidariedade ante esta situación e portaron a pancarta diante do Concello.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.