Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convivencia das familias

Durante a tarde de hoxe, disfrutamos da «Convivencia 2015-11-13 19_21_51 8447das familias» deste primeiro trimestre.

Foi un fantástico momento para compartir, para falar, xogar, rir… toda a comunidade educativa do Colexio La Salle Ferrol. As familias que se achegaron tiveron ocasión de ver exhibicións das actividades extraescolares de patinaxe e baile (fomos todos convidados a bailar coas monitoras). Os animadores de «Sallejoven» tiveron preparados xogos para os nenos e non tan nenos. Os alumnos de 4º de ESO encargáronse do punto de venda da tenda de Comercio Xusto. Houbo un contacontos que fixo as delicias dos  pequechos e dos pais… e, como remate final, concurso de tartas!

Que mellor ocasión ca esta para «adozar» o día! A creatividade das familias que participaron foi incrible: tartas de variadas cores, de todas as formas imaxinables, de variados froitos de outono… a verdade é que aconsellamos ver as fotografías das creacións, porque foron dignas do mellor concurso.

Unha vez calificadas polo xurado, as tartas foron degustadas polos asistentes por un módico prezo, xunto cun chocolate ou zume, e todo o recadado será empregado para melloras nas instalacións do colexio.

Graciñas pola vosa asistencia, pola vosa participación no concurso e esperamos que todo fose do voso agrado.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.