Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Tarde de Samaín

Durante a tarde deste martes estivemos Fiesta Samaín (1)celebrando a festa do Samaín. A tarde outoniza (case invernal) non foi quen de empañar as gañas que tiñamos todos de celebrar un dos días máis festeiros do calendario.

Houbo todo un despregue de actividades para que todos, desde os máis pequenos do Centro ata os maiores, tiveran o seu anaco de protagonismo neste día.

Os disfraces dos nenos (e profesores) foron do máis variopinto, como podedes observar nas fotografías, e as actividades resultaron entretidas. Tivemos unha morea de xogos tradicionais, houbo obradoiros de maquillaxe, de colares de castañas e fantasmas doces, de froitos de outono, carreiras de cerebros feitos con xelatina, unha apocalipse zombi para os alumnos de secundaria… e, como colofón a todo isto, tivemos un chocolate con biscoitos que se agradeceu porque a tarde era fría e chuviosa.

Hoxe, un xurado especializado tivo que escoller os mellores disfraces e as mellores cabazas… e foi complicadísimo! Tras moitas dúbidas e deliberacións, queren facer fincapé na enorme calidade de todos os participantes e as dificultades que tiveron para emitir os seus veredictos:

Disfraz máis terrorífico:

Antía Manivesa López (6º EP)

Disfraz máis orixinal:

Daniela Rodríguez Martínez (Escola infantil)

Paola Pereira Fernández (5 anos)

Mellor disfraz en grupo:

Alan e Eneko Perille Peribáñez (E. Primaria e E. infantil)

Mellores cabazas E. infantil:

Ariadna Iglesias Uría (5 anos)

Aarón Pérez Carballeira (4 anos)

Mellores cabazas 1º, 2º EP:

Antía Ramos Cabana (1º EP)

Teo Fernández Otero (2º EP)

Mellores cabazas 3º, 4º EP:

Elsa Martínez Montero (3º EP)

Alejandro Borrajo Nogueira (4º EP)

Mellores cabazas 5º, 6º EP:

Patricia Navalón Doce (5º EP)

Xabier López Delgado (5º EP)

Ademais disto, todo aquel que quixo puido pasar pola zona de ‘photocall’ para inmortalizar o día de onte. Botade unha ollada ás fotografías que paga a pena!

Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas as familias que botaron unha man nos diferentes obradoiros, na limpeza… é unha sorte enorme contar con vós. Grazas mil!

 

 

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.