Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Reunións de pais

Facendo fincapé no noso Carácter Propio IMG-20151007-WA0004de manter un contacto próximo e constante coas familias, o martes 6 e o mércores 7 de outubro celebramos as reunións de inicio de curso coas familias de EP,  ESO e Educación infantil. Como todos os anos as reunións tiveron dous momentos.

Nun primeiro momento, reunidos no salón de actos, fíxose presentación dos cambios no Equipo Directivo e sinaláronse diferentes aspectos xerais e comúns para as etapas. Tratáronse temas como o Lema do ano, programas La Salle, Sallejoven, presupostos, obras realizadas…

Nun segundo momento, cada titor na súa clase tivo unha reunión máis «académica» coas familias, na que se explicaron polo miúdo as características de cada curso, dos alumnos, dos grupos… e como se ían desenvolver diferentes aspectos do ano escolar.

Ademais de contestar todas as dúbidas e suxerencias que tiñan as familias, reiteramos a necesidade de manter un constante contacto e apoio Centro escolar-familias, para que a aventura que os nosos alumnos inician neste curso escolar 2015-16 sexa de proveito e satisfactoria.

Graciñas ás familias pola vosa asistencia, polas vosas achegas e polo voso compromiso na educación dos vosos fillos. O profesorado está á vosa disposición para todo aquilo que precisedes.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.