Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convocadas as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Conmunicámoslles que están convocadas as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2015-2016.

 

No BOE de data  01/08/2015 queda recollida a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2015/2016.

Para este curso convocan as seguintes axudas individualizadas:

* Axudas directas para o alumnado incluíndo ao afectado por TDAH (Trastorno por

déficit de atención por hiperactividade) que requira por un período da súa escolarización ou

ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas

de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

* Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou

trastorno grave de conduta para familias numerosas.

* Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para

alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades

intelectuais.

 

A discapacidade ou transtorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

– certificado de minusvalía

– certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou

– certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente

 

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente

 

Os requisitos para a obtención das axudas, así como as clases e cuantías das mesmas, aparecen detalladas no BOE do 01 de agosto de 2015.

 

Para esta convocatoria o Ministerio de Educación  recomenda que se faga por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondiente a «trámites y servicios».

 

Aqueles alumnos que non poidan facelo por esta vía, poden solicitar o ficheiro PDF co impreso de solicitude para que se lles facilite no centro ou ben descargalo na páxina web do colexio. É imprescindible poñer un correo electrónico na solicitude.

 

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2015.

Impreso_ed_esp_15_16

BOE-A-2015-8699

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.