Obradoiro de fotografía
Na tarde do martes os nosos alumnos de ESO tiveron un final de curso diferente. Participaron nun obradoiro de fotografía. Tivemos a sorte de contar coa presencia de Elena Baamonde, coordinadora de Expofoto Narón quen nos relatou un percorrido palas orixes da fotografía e a evolución desta ata os nosos días.
Con posterioridade, Simón López fotógrafo profesional especializado en larga exposición explicounos os pormenores do seu traballo e convidou a participar os nosos alumnos como modelos en varias fotografías con resultados espectaculares.
Convidáronnos a participar no obradoiro que se levará a cabo no Auditorio de Narón o sábado 4 de xullo coa presencia de Antonio Liébana, fotógrafo de National Geographic.
Velaquí as fotos da tarde de onte.