Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Semana Lasaliana: Xogos de praia para a ESO

O venres é o día «forte» das nosas festas.2015-05-15 12_11_17 5073 Os alumnos e profesores da ESO, despois de varios anos facendo xogos de cidade, este ano decidimos apostar pola innovación e organizamos Xogos de praia para os nosos alumnos.

Despois da Eucaristía e de acompañar aos máis pequerrechos ata o colexio, achegámonos ata a praia de Caranza e comezamos co noso labor. En primeiro lugar, acotación de espazos para as distintas actividades, e limpeza do areal para poder facer a actividade de forma segura: para iso tivemos 15 minutos de recollida selectiva de lixo  (actividade que se encadra dentro do Programa de Voz Natura do Centro) e comezamos coa distribución de persoal.

Antes de nada agradecer a colaboración que tivemos de varios alumnos do TAFAD (Ángel, Candela, Javi e Tamara) e do Clube de Remo Narón  que se puxeron á nosa disposición en todo o que necesitamos.

Os alumnos divididos en grupos de 12 persoas tiñan que pasar, de xeito rotatorio, por catro grupos de actividades: rugbi praia,  kickball, remo e deportes de praia (palas, disco, padel, indiaka, volei praia)

Como podedes observar polas imaxes, a mañá foi todo un éxito: deportiva, cunha competencia sá, diferente e, sobre todo, compartida por todos, alumnos e profesores, que celebramos con ledicia o día do noso patrón, San Juan Bautista De La Salle.

Desenxando xa que chegue a do próximo ano!… botádelle un ollo ás imaxes!

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.