Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Semana Lasaliana: Partido de brilé pais/profesores vs alumnos

Se preguntamos aos nosos alumnos e lles pedimosIMG-20150514-WA0161 que sinalen os seus momentos preferidos do ano, con toda rotundidade este será un deles.

Esta tarde produciuse o esperadísimo partido de brilé de alumnos que queren amosar aos seus profesores e pais/nais que xa creceron e poden competir contra eles a isto do brilé e gañarlles se é necesario. Dous equipos uniformados fronte a fronte, un árbitro imparcial e incorruptible e moita ilusión por gañar. Os primeiros brilados con resignación, os que foron quedando, cada vez acusando máis o esforzo e, ao final… ao final o gañador foi o de menos, o rato de compartir unha actividade todos xuntos, encheu a todos por igual.

Velaquí as fotos do partido e queremos lembrar que mañá temos a eucaristía na parroquia ás 9:30 h e que estades todos convidados.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.