Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Actividade de Pasaporte Solidario na asociación Cometa

Durante a tarde de hoxe, un grupo de alumnosIMG-20150424-WA0061 de ESO  que forman parte do programa Pasaporte Solidario , acompañados de Lorena e Tere, estivo facendo unha nova actividade de voluntariado na Protectora de animais  «Cometa» ubicada na localidade de Narón.

Nun primeiro momento foron recibidos polos encargados da protectora con moita cordialidade. Con posterioridade, antes de entrar en contacto cos cans, escoitaron con atención unha pequena charla sobre prevención para evitar que se producise calquera situación de risco para os nosos alumnos.

E pouco despois, chegou o momento que levaban esperando con ansiedade: o paseo dos cans. Algúns con máis destreza ca outros, todos colleron a súa correa e o seu can dándolles un paseo polas proximidades das instalacións. Cando isto rematou, chegou o momento da limpeza: todos arrimaron o ombreiro para deixar os habitáculos dos cans en perfecto estado.

Foi unha experiencia inesquecible e como poderedes observar no sorriso dos rapaces nas fotografías, mereceu a pena. Queremos agradecer deste estas liñas as facilidades que nos deron desde «Cometa» para poder desenvolver esta actividade. Desexando repetir experiencia.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.