Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

«Coida a túa cidade». Charlas para 4º, 5º e 6º de Primaria.

O xoves 16 de abril, tivemos una clase especial de coñecemento do medio. O Concello de Ferrol, en colaboración con Urbaser, ofreceron unas charlas co lema “Coidar a túa cidade non cheCharlas Coidar a cidade (8) custa nada… non facelo cústache moito”.
Pola mañá viñeron dúas rapazas, chamadas Sabela as dúas, para falarnos e concienciarnos da importancia da colaboración de todos, para manter a nosa cidade en boas condicións.
Entregáronnos uns folletos onde de maneira sinxela se nos explicaba cómo usar os colectores de refugallo, a problemática específica de tirar no chan as gomas de mascar, de non tirar as cabichas nas praias porque tardan entre 1 e 5 anos en descompoñerse, ollo cos vertedoiros incontrolados, a importancia de usar o punto limpo, usar os graffitis pero no sitio axeitado.
Segundo nos ían explicando, participamos coas monitoras nunha charla interactiva, onde respostamos as preguntas que nos plantexaron e ao mesmo tempo preguntamos todas as dúbidas que nos xurdían, que foron moitas.
Rematamos a sesión cubrindo unhas fichas onde reflexamos o aprendido e as nosas solucións e inquedanzas para coidar a cidade: non fumar nas praias para no tirar as cabichas, facer graffitis nos lugares axeitados, ter en contan onde se tiran os aceites que empregamos na casa, o respecto que temos que ter con todo o mobiliario urbano (papeleiras, bancos, xardíns…)
Agradecemoslles ás monitoras as explicacións que nos deron e dende agora miraremos a cidade con outros ollos. Moitas grazas!

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.