Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

4º ESO recibe charla sobre as Forzas Armadas

Esta mañá, os alumnos de 4º ESO recibironIMG-20150410-WA0012 unha charla (encadrada no POAP do noso Centro) levada a cabo polo Brigada do Corpo de Infantería de Marina D. Tomás Blanco Corral. Nesta charla obtivemos unha visión diferente, e de primeira man, das nosas Forzas Armadas. Quixemos con isto completar a información que ofrecemos aos nosos alumnos para que teñan todos os datos e argumentos posibles á hora de facer a elección que teñen que tomar nestes intres: «e despois da ESO, que?»

A charla, plagada de anécdotas enriquecedoras e cun ton cercano, serviu para explicar, nun primeiro momento, o labor que desempeñan as nosas Forzas Armadas, onde destacan valores como traballo, compañeirismo, compromiso, amizade, sacrificio, obediencia… Con posterioridade, explicáronse os requisitos e os camiños para poder formar parte deste corpo; para rematar, unha serie de consellos para a vida que non deixaron indiferente a ninguén.

Desde aquí agradecer a presencia e dispoñibilidade do Brigada do Corpo de Infantería de Marina D. Tomás Blanco Corral.

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.