Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

Convivencias da ESO

Hoxe, martes 10 de marzo, os alumnos de ESO20150310_154852 (1024x768) do noso Centro e os seus profesores desprazáronse ata o Concello de Oleiros para facer as Convivencias deste curso. A Casa da Gran Obra de Atocha, como o ano pasado, tivo a ben acollernos co seu agarimo habitual para poder desenvolver alí a nosa tarefa.

As convivencias, englobadas dentro do proxecto HARA característico dos nosos centros, son un proceso de formación dos nosos alumnos desde un punto de vista menos académico. Valores tan importantes como a reflexión, a interiorización, expresión de sentimentos, a relaxación, a escoita, saber expresar os seus pensamentos… son traballados de maneira gradual desde 1º ata 4º de ESO.

Ademais de todo isto, tamén son importantes polo que teñen de convivencia fóra do ambiente escolar cos seus compañeiros e profesores e serven para achegarse máis uns a outros e crear lazos de unión entre todos.

Tivemos a sorte de ter un día magnífico para poder disfrutar das instalacións e poder interiorizar en cada un de nós, e para facernos conscientes de que temos moito que aportar aos demais e que os nosos compañeiros son un valioso tesouro, ás veces aínda por descubrir.

Amosámosvos unhas fotos do ben que o pasamos.

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.