Get Adobe Flash player

Taboleiro de anuncios

Sallenet

Lema do ano

Somos La Salle. Lema curso 2018-19

PROYDE: 30 años

PROYDE: 30 años

Facebook

Síguenos en Twitter

4º ESO visita o Campus de Ferrol

Os alumnos de 4º de ESO, acompañados 01. IMG-20150220-WA0050do titor e da Orientadora, visitaron este venres 20 de febreiro o Campus de Ferrol dentro do Programa de Orientación Académica e Profesional (POAP) do noso Centro.

Nun primeiro momento, o persoal da universidade deunos a benvida, acolleunos e levounos ao salón de actos onde se proxectou unha presentación do SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante) facendo un achegamento ao mundo universitario.

Con posterioridade, visitamos as distintas facultades (Humanidades e Documentación, Escola Politécnica Superior Ciencias do traballo, Enfermaría e Podoloxía, Deseño industrial e Escola Universitaria Politécnica) e, con charlas de non máis de 30 minutos, o profesorado e/ou alumnado de cada facultade fixo unha presentación para os nosos alumnos das características de cada unha destas titulacións e respondeu calquera dúbida que quixesen consultar.

A mañá resultou de proveito e moi motivacional para o alumnado.

 

 

Print Friendly, PDF & Email

Los comentarios están cerrados.